34
Tal e como informa o 112 Emerxencias Galicia, un incendio calcinou na pasada noite unha caseta na que se almacenaba material eléctrico como baterías e condensadores, no Parque Eólico de Monte Redondo, en Vimianzo. O 112 tivo coñecemento do lume a través da empresa subministradora de electricidade e, a partir de aí, pasaron o aviso aos Bombeiros de Cee e de Carballo, á Garda Civil e a Protección Civil de Vimianzo. Ademais tamén se informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención, pero afortunadamente tan só houbo que lamentar danos materiais.