Pasadas as 3 da tarde deste domingo numerosas persoas contactaban co 112 Emerxencias Galicia para informar dunha vía de fume no mar, ao leste das Illas Sisargas. O suceso resultou ser un incendio nun motor dunha embarcación cun tripulante sueco a bordo que resultou intoxicado por fume. No dispositivo, coordinado por Salvamento Marítimo participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, unha embarcación de Salvamento e outra da Cruz Vemella, o helicóptero Helimer 401, varias embarcacións da zona e a patrulleira da Garda Civil que tamén foi alertada. A Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén formaron parte do operativo.