Arde unha embarcación na ría de Pontevedra


Unha pequena embarcación resultou totalmente queimada pouco despois das once da mañá deste domingo por un incendio que sufriu nas proximidades da illa de Tambo, na ría de Pontevedra. Malia a espectacularidade da imaxe, non houbo que lamentar feridos.

A bordo tan só ía unha persoa que non resultou ferida e que foi auxiliada rapidamente por persoal do porto de Combarro. O lume empezou pola popa, probablemente a causa dunha avaría no motor.No rescate interviñeron membros da Policía Local de Poio, da Garda Civil e de Salvamento Marítimo.