Arde unha nave de cosméticos en Bergondo e outra de produtos fitosanitarios en Vilagarcía

O lume declarouse na madrugada deste sábado nunha nave de productos cosméticos de Bergondo, segundo informaban os bombeiros da Coruña, na súa rede social X . O 112 Galicia, que informa deste suceso, recibiu o aviso ás 03:40 horas, cando o vixiante de seguridade do polígono contactou co número único de emerxencias para informar de que a nave estaba a arder. Os equipos de emerxencia traballaron a reo este sábado de madrugada  e logron controlar o lume xa preto das oito mañá. Malia ao intenso traballo, teito das instalacións colapsou por mor do lume. Interviñeron os bombeiros de Betanzos que, ao chegar ao lugar, pediron apoio, polo que se sumaron ás tarefas de extinción efectivos dos parques de Arteixo e A Coruña. Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da zona.

Alarma en Vilagarcía polo incendio na nave de productos químicos Impex Europa

Aínda que en principio os productos químicos almacenados non son tóxicos, aos veciños estaselle recomendando pechar as ventás e non saír da casa. Tamén se lles pide que non se acheguen a zona do incendio, xa acordoada, para facilitar os traballos de extinción. Recomendacións sobre saúde que a consellería de Sanidade publicaba na súa conta oficial da rede social X. Amáis, a nave está moi próxima a unha gasolineira. Ás 19:25 minutos deste sábado, Emerxencias de Galicia 112 informaba que os medios seguen traballando para extinguir o incendio e que a nave xa colapsou. Ao mediodía xa estaban desaloxadas unhas 22 vivendas, segundo informaba o 112.

Related posts

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida ao envorcar un quad en Sarreaus, Ourense

Un falecido logo de sufrir un atropelo en Verea | Un home tamén perdeu a vida tras un incendio en Aranga

Falece un operario tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba en Vilamartín de Valdeorras