Arde unha nave de reciclaxe en Arteixo

1 minutes read

Os servizos de emerxencias traballaron arreo para lograr a completa extinción dun incendio que afectaba a parte exterior dunha planta de reciclaxe situada no lugar de Uxes, en Arteixo.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención, o lume afectou a dous focos distintos: por un lado, material de reciclaxe e, por outro, algunhas máquinas escavadoras, ambos localizados no exterior da edificación.
O 112 comezou a recibir chamadas de particulares a partir das 08:30 horas da mañá deste domingo, posto que diversas persoas que circulaban polas estradas lindeiras vían saír fume das proximidades da nave de reciclaxe. Tamén, os axentes da Garda Civil contactaron co 112 Galicia para dar conta da situación e solicitar a mobilización dos recursos de extinción.
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) puxeron en marcha un operativo que conta coa intervención dos Bombeiros de Arteixo, Carballo e Coruña. Ademais, ante a posibilidade de que o incendio puidera afectar unha zona de monte próxima, solicitouse tamén a colaboración do distrito forestal da zona.
Os equipos de extinción contan ademais co apoio dos axentes da Garda Civil, da Policía Local, dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo e das autoridades medioambientais da Xunta de Galicia, que extreman a vixilancia sobre a contorna co fin de previr posibles episodios de contaminación. Neste senso, indican que a situación está controlada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?