16
Unha persoa particular foi a que deu a voz de alarma na madrugada deste mércores ao 112 Emerxencias Galicia. Comunicaba que había lume na praia e que podía ser perigoso, tanto para as persoas como para o propio medio natural. Ao lugar foron mobilizados a Garda Civil e Protección Civil de Fisterra, así como os Bombeiros de Cee que foron os encargados da extinción do lume na pasarela.
