Arde unha vivenda no lugar de Carballido, en Ponteceso

1 minutes read
Lugar do incendio_Bombeiros de Carballo.

Por sorte a vivenda estaba deshabitada e ninguén resultou ferido. A comunicación do incendio pasouna o 112 Emerxencias Galicia ao fio das seis da madrugada deste domingo. No aviso comunicaban dun incendio nunha vivenda deshabitada con risco de propagarse ás vivendas colindantes, no lugar de Carballido. Ao momento desprazáronse os Bombeiros do GES de Ponteceso, que foron os primeiros en chegar e controlar o lume. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Carballo, que colaboraron nas tarefas de enfriamento dos rescoldos con catro mil litros de auga.

Os danos centráronse nas estructuras interiores de madeira, xa que na vivenda non había mobiliario. A cuberta tamén se viu afectada, dado que eran placas de fibrocemento aínda que a estructura era de viguetas de formigón.
Non houbo danos persoais e tampouco chegou a afectar a outras vivendas.