Arde unha vivenda no lugar de O Monte, en Carballo

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia pasou o aviso minutos antes das nove da noite deste domingo. Un particular informaba dun incendio nunha vivenda no lugar de O Monte número 8, preto da Ponte Rosende, e coa posibilidade de que houbese xente no seu interior. Emerxencias mobilizou de inmediato ao 061, Protección Civil, Policía Local, Guardia Civil e Bombeiros de Carballo. Á súa chegada púidose contrastar a alerta e tamén que se trataba dunha casa abandonada e baleira, pero segundo os datos barallados no lugar dos feitos, era habitual ver algunha persoa no seu interior, sobre todo de noite. As forzas da orde investigan estas hipóteses e a propiedade do inmoble, en aras de esclarecer o ocorrido.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?