Arden dous coches nun incendio nunha granxa en Aranga

Foto_Guardia Civil.

Un incendio no municipio de Aranga provocou na madrugada deste luns importantes danos nunha explotación de gando e deixou dous vehículos calcinados, tal e como informou a Garda Civil. Concretamente, o lume afectou a unha zona da granxa onde se almacenaban rolos de herba seca, ademais de diversa maquinaria agrícola. As chamas tamén alcanzaron a unha vivenda lindeira e afectaron a parte externa da casa. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida, nin tampouco ningún animal.

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Betanzos e do Eume, do GES de Curtis, de Protección Civil de Betanzos e dos axentes da Garda Civil. Os servizos de emerxencia traballaron arreo para sufocar as chamas, que quedaron extinguidas sobre as sete da mañá. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos permaneceron no lugar unha vez sufocado o incendio para controlar a situación e evitar que o lume se reavivase.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha