Arden dous contedores máis en Carballo | A Garda Civil intercepta aos presuntos autores

2 minutes read

Empezaba a ser preocupante o número de contedores queimados en Carballo nos úntimos meses, pero especialmente nos últimos días, tal e como avanzábamos este luns, na tarde deste domingo ardía un en pleno centro, fronte aos números 5-7 da rúa Lugo, que ademais afectaba a parte da fachada do inmoble. Debido á alarma social que se estaba acadando con feitos similares as forzas de seguridade estaban a traballar sen descanso pola localización dos autores, dado que segundo as primeiras investigacións as actuacións eran claramente intencionadas.

Os feitos repetíanse na tarde deste luns noutros dous puntos diferentes da vila nun espazo corto de tempo. No primeiro dos casos, sobre as 18:00 horas o 112 Emerxencias Galicia mobilizaba as forzas de seguridade, así como aos bombeiros de Carballo por un lume nun contedor na rúa Río Lérez, entre A Milagrosa e o San Martiño, ao lugar acudiron varias patrullas policiais e unha dotación de bombeiros, aínda que a súa chegada o lume no contedor de cartón estaba prácticamente extinguido por un veciño do lugar coa axuda dunha mangueira, pero o contedor quedou totalmente inservible.

Unha hora mais tarde era pasada unha nova alerta por un feito similar, neste caso na zona da Casilla, onde outro contedor corría a mesma sorte que o anterior.

A colaboración cidadá e un minucioso traballo da Garda Civil de Carballo, logrou identificar con imaxes aos presuntos incendiarios que minutos máis tarde foron localizados e interceptados preto do centro comercial da zona do Rego da Balsa. Todos son menores de idade e alomenos dous deles, de Carballo e Malpica, poderían estar relacionados directamente cos feitos. Localizados os proxenitores, a Garda Civil continúa coas pescudas para tratar de esclarecer todo o acontecido, tanto na tarde deste luns como en días anteriores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?