Arden dúas vivendas en Soutomaior tras o impacto dun lóstrego

A caída dun lóstrego provocou o incendio de dúas casas lindeiras situadas na parroquia de Lourido, no concello de Soutomaior.

Nunha das casas vivía unha familia, nai e fillo, que saíron co posto ante a rápida propagación do lume. O home, de 47 anos, tivo que ser atendido por queimaduras nas dúas mans.

As vivendas quedaron completamente calcinadas e os Bombeiros do Morrazo traballaron toda a noite para sufocar as lapas. 

Durante toda a mañá continuaron arrefriando a zona. Aínda quedan puntos quentes xa que caeron tellas e cascallos enriba de combustible.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha