A Garda Civil busca os autores de cinco incendios en pleno centro de xeito simultánea esta pasada madrugada; de feito, a primeira hora da mañá a policía xudicial seguía a recadar datos. Os equipos de emerxencias e forzas de seguridade tiveron que actuar en varias rúas. Os feitos tiveron lugar sobre as 5 da madrugada, e segundo as primeiras hipóteses, os incendios foron intencionados. Son un total de 21, segundo a Policía Local, estaban estacionados nas rúas Calvo Sotelo, Ordóñez, Tide, Piñeiro e praza Armada. Ademais dos vehículos, tamén quedaron danadas algunhas vivendas, sobre todo os cristais das xanelas, polas altas temperaturas. A práctica totalidade dos coches danados están totalmente calcinados. Polo momento non houbo ningunha detención. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou os incendios de «acción criminal moi grave». No operativo de extinción e seguridade interviñeron os bombeiros do Porriño-Baixo Miño e de Valença, forzas e corpos de seguridade da comarca e efectivos Protección Civil de Tomiño, Tui, O Porriño e Salceda.
44