Os bombeiros deron por extinguido o lume que se iniciaba nunha construción onde se almacenaba palla e leña na parroquia de Coucieiro, en Val do Dubra, en concreto, no lugar de Vilalba. O 112 Galicia tiña coñecemento dos feitos a través da chamada dun particular e, de maneira inmediata, deuse aviso aos Bombeiros do Xallas, á Garda Civil e a Protección Civil do concello.
Cando chegaron ao lugar, os bombeiros dedicaron os seus esforzos a sacar as pacas de herba ao exterior da palleira para así poder apagar o lume e arrefrialas. Finalmente, os servizos de extinción sinalaron que habían ardido máis dun centenar de grandes pacas de herba seca e que, da estrutura onde estaban gardadas, só se viu afectado o teito, xa que se trataba dunha nave aberta que non tiña laterais.