Arden residuos nunha planta de tratamento en Arteixo

Arquivo. Intervención_Bombeiros Arteixo_Cedida.

Nunha planta de tratamento de residuos situada no Polígono Industrial de Morás, en Arteixo, produciuse un incendio no que traballaron varias horas os bombeiros e membros do servizo local de Protección Civil.

As labores de extinción prolongaronse no tempo debido á carga e ao tipo de material que ardía. Non obstante, o lume estivo controlado e sen risco para as persoas nin para as construcións lindeiras. 

Sobre este suceso, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas particulares que vían as lapas desde distintos puntos, tamén desde a saída da AG-55. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo en marcha os protocolos necesarios para a coordinación e aviso aos recursos de intervención, isto é, Bombeiros de Arteixo, membros do servizo municipal de Protección Civil, axentes da Policía Local e da Garda Civil.  

Bastaron estes medios para controlar o incendio, sen embargo, a carga de combustión e as largas horas de traballo requeriu da colaboración dos efectivos do parque comarcal de Betanzos.