Dúas patrullas da Policía Local e tres bombeiros acudiron na madrugada deste sábado á rúa Salgueiro esquina Avenida Cristina por un aviso do CIAE 112 que informaba dun colchón ardendo ao carón dos colectores de lixo. Unha vez no punto os bombeiros comprobaron que o lume xa fora extinguido case na súa totalidade pola Policía Local con 2 extintores. O lume chegou a afectar a 3 colectores que había ao carón do colchón. Un vehículo que había próximo non resultou afectado.
Arden tres colectores do lixo na zona da Cristina en Carballo
Foto: Bombeiros de Carballo.