Arden tres tractores en Baíñas, Vimianzo


Tres tractores arderon en Vimianzo, xunto con diverso material agrícola, tras declararse un incendio no lugar de Baíñas.

Varias testemuñas chamaron ao 112 Galicia, arredor das tres da madrugada deste luns, para informar de que ardía un tractor nas proximidades dunha nave agrícola. Ademais, indicaban que non había persoas no interior e que as vivendas próximas non corrían perigo.

De inmediato, desde o CIAE-112 Galicia déuselle aviso aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Finalmente, os Bombeiros de Cee comunicaron que as lapas calcinaron tres tractores, unha máquina recolledora de millo e un remolque pero que tamén se viu afectado diverso material, con importantes perdas.