Este luns 25 de Agosto a ARMH procedeu entrega dos corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto membros da guerrilla antifranquista asasiñados o 22 de xunio de 1952 en Visantoña (Mesía). Os familiares solicitaron á Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH)a busca dos seus corpos. Foron exhumados en agosto do ano 2024. Agora voltan a casa.
Acto:
11. 30 horas. Salón de Plenos do concello de Culleredo
Coa participación dos alcaldes de Culleredo e Mesía, membros da ARMH, veciños e familiares dos represaliados
Presenta o acto Clara Bernal
Música de Bea a de Estrella
13,30 horas enterro no cemiterio de Almeiras
14,30 viño de confraternidade no centro cultual de Almeiras
JOSÉ GALÁN NÚÑEZ
José Galán era fillo de Dolores Núñez e José Galán e tivo tres irmáns máis Neves, Lolita e Antonio. Vivían na Regueira en Alvedro. E tiña unha moza, Maruja.
A principios do anos cuarenta, en plena Dictadura, desertou do servicio militar en Lugo e tivo que fuxir ó monte.
Durante su estadía en la guerrilla estuvo integrado en los destacamentos “Arturo Cortizas”, “Enrique Líster” e “Manuel Ponte”. Participó diferentes actuacions da guerrilla nos anos 1948 e 1949
Cando estaba fuxido era visitado pola súa mai Dolores.
Os compañeiros foron caendo
Despois de esixir cartos a un veciño de Toroño en Culleredo , foron denunciados e uno dos compañeros, Manuel Pose Naya, foi disparado polas forzas da gardia civil.
José Galán o 18 de julio de 1951 fuxe xunto a María Amado Otero e Juan Couto Sanjurjo Simeón do enfrentamiento coas forzas de orde en San Pedro de Nós que costa a vida a Antonio Cortiñas Blas M. Vega.
Mentras na casa familiar de cotío tiñan controles da garda civil e facianlles sair da cama para rexistar a casa.
E represaliaron á familia: A mai desterráronna coa filla a Corrales del vino en Zamora. A Maruja, a moza, levárona para Zaragoza.
En novembro de 1951, estaba na compaña de Juan Couto Sanjurjo Simeón e Manuel Ramiro Souto, no “Destacamento Manuel Ponte”. José Galán Núñez Dereito también estivo agochado nunha cova na Costa-A Regueira ( Oza-dos Ríos) onde nun enfrentamiento coa guarda civil acaba coa vida de vida de Manuel Vilar Arnoso Manolito e detención de Foucellas o 9 de marzo de 1952.
En marzo do ano 1952 Manuel Ramiro e José Galán Dereito marchan á zona de Betanzos con Juan Couto Sanjurjo Simeón O 11 de abril recibiron a protección de Lino Lata.
O 22 de xunio, foron sorprendidos pola Gardia Civil en Visantoña ( Mesía). Intentando fuxir foron mortos. Couto saíu con vida e foi procesado.
MANUEL RAMIRO SOUTO
Naceu en Almeiras (Culleredo) no an 1925.
Era fillo de Dolores Ramiro Souto, quen coidaba ós fillos da familia Marchesi e vivían en diferentes lugares do estanxeiro. Deixou ó fillo Manuel a cargo da súa mai Andrea e da irmán Josefa e cuñado Ramón Romay.
Manuel botouse ó monte cos seus tíos Ramón Romay Ramoné e Josefa Ramiro Santos, porque eran enlaces da guerrilla e temían que foran delatados.
No ano 1948 despois da caída de José Gómez Gayoso, secretario de organización do PC, e Antonio Seoane, xefe do Exército Guerrillero de Galicia pruducíuse unha ofensiva guerrilleira entre os que participan Manuel Ramiro Souto e o seu tío coa quiema do concello de Abegondo e outros actos nos que participan tamén Vicente Peña Terrasa “Pedro Borrás”, Jesus Valeiro Gómez “Calias”, Manuel Pena Camino “Flores”, José Antonio Cortiñas Blas “M. Vega”, José Mª Castelo Mosquera “Doctor”.
O 5 de marzo de 1949, agochados nunha casa de Zas ( Negreira) Pena Camino, Castelo Mosquera, Carmen Temprano, Peña Terrasa e Manuel Ramiro Souto , foron cercado pola Garda Civil. No enfrentameno morre Carmen Temprano e o resto son asesinados, despois da fuxida, en Paramos (Val do Dubra), con eles tamén foi asasinada a rapaza da casa que os acolleu , Manuela Teiga . Estes guerrilleiros foron exhumados pola ARMH en octubre de 2016 e entregados ás familias en xulio de 2018.
Manuel Ramiro Souto consigue fuxir e de seguido son procesados mais de trinta veciños da zona de Paramos.
No seus últimos tempos de estadía no monte xunto con Juan Couto Sanjurjo e José Galán Núñez estaba integrado no “Destacamento Manuel Ponte”
Mentras, a súa tía Josefa matárona e o seu tío conseguíu fuxir ó extranxeiro.
Manuel Ramiro Souto seguíu na guerrilla. Fue cercado polas forzas da Garda Civil nunha casa de Visantoña ( Mesía) onde estaba con José Galán Núñez “Dereito” e Juan Couto Sanjurjo “Simeón”sendo asasinados pola Garda Civil o 22 de xunio de 1952. Juan Couto Sanjurjo rendeuse .En 1953 someteríano a un xuízo no que a inicial pena de morte sería conmutada por 30 anos de prisión
Manuel Ramiro Souto e José Galán Núñez foron soterrados en Visantoña ( Mesía) .
Os seus corpos foron exhumados en agosto do ano 2024 pola Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica ( ARMH).
O dia 25 de agosto serán homenxeados e devoltos ó seu lugar de nacemento e e soterrados cos seus.