Arquivado o caso Neurona, que investigaba irregularidades nas contas de Podemos

O xuíz titular do Xulgado de Instrución 42 de Madrid confirmou o arquivo do caso Neurona, que investigaba presuntas irregularidades nas contas de Podemos. O maxistrado non aprecia a comisión de delitos no contrato firmado entre a formación morada e unha consultora política na campaña das eleccións xerais do 2019. A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, escribiu unha mensaxe nas redes sociais en que critica que o caso Neurona se peche no medio do debate da amnistía para, segundo di, minimizar o impacto mediático. Con esta resolución, o xuíz pon punto e final a un procedemento que arrincou fai tres anos e do que o pasado mes de setembro sacou a Podemos e ao seu cofundador, Juan Carlos Monedero. Así, chega ao seu fin a causa na que se investigaba a posible simulación do contrato do subscrito por Podemos en febreiro de 2019 coa mercantil Neurona Comunidade SL relativo á campaña electoral a esas xerais de abril de 2019.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha