Camariñas celebra a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia


  • A programación organízase por bloques, seguindo unha estrutura similar á do calendario orixinal

O Concello de Camariñas tivo que suspender a súa emblemática Mostra do Encaixe debido á crise instaurada en todo o mundo pola pandemia do COVID-19. Pero un evento histórico coma este non podía quedar no olvido, polo que desde o Concello e a organización decidiron inaugurar este mércores 8 de abril, a primeira Mostra do Encaixe Virtual da historia.

Ata o 12 de abril levarase a cabo esta iniciativa que implicará a todos os colectivos que traballaban no funcionamento habitual do evento e que se desenvolverá a través da páxina de Facebook da Mostra e da súa canle oficial de Youtube.

A alcadesa Sandra Ínsua cortou na súa casa a cinta de encaixe, un acto co que quedou inagurado de forma oficial este evento tan importante para a Costa da Morte.

Para o desenvolvemento desta ‘Mostra Virtual’ elaborouse unha programación por bloques, seguindo unha estrutura similar á que podería ter o calendario habitual do evento, e que inclúe franxas específicas para Grandes Deseñadores, Jóvenes Deseñadores, Artencaixe, Pequencaixe, Xuntanzas Palilleiras, Delegacións Internacionais, Empresas, Artistas, Voluntarios, Stands e Medios de Comunicación.

O Departamento da Mostra do Encaixe pediulles a todos estes colectivos que enviasen os seus vídeos presentándose e transmitindo ánimo e forzas para volver a reencontrarse e afrontar aínda con máis gañas a trinta edición do evento, que se celebrará no ano 2021.

Os vídeos irán subíndose seguindo a programación deseñada, polo que os interesados ou interesadas en seguir esta Mostra Virtual xa poden consultar a que hora conectarse para ver aos Grandes Deseñadores, aos aspirantes ao concurso de Jóvenes Deseñadores ou para escoitar o son dos palillos nas mans das palilleiras.

Horario Mostra do Encaixe de Camariñas 2020