Do 3 ao 11 de decembro celébrase en Outes o concurso de tapas nos que se poderá desfrutar toda clase de petiscos. Esta acción levada a cabo polo concello en colaboración cos locais de hostelería que desexaron participar busca dar a coñecer a oferta gastronómica de Outes a vez que vitalizar o municipio.
O concurso comeza este sábado e poderánse degustar as tapas ata o día 11, aproveitando a semana dos festivos, co fin de propor unha oferta de ocio. Os locais que participan son: Albatros, A nosa Taberna, Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro, Pepe do Coxo, Fera e Casa de Roque. As persoas que valoren as tapas entrarán no sorteo dunha cea ou comida valorada en 150 euros.
