Arrancan as obras da estrada entre Pazos e Corme, en Ponteceso

De esquerda á dereita: o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña_Cedida

  • Este primeiro tramo foi adxudicado á empresa Arias Hermanos por 291.707,85 euros

Este mércores comezan as obras de asfaltado no primeiro tramo da estrada que une Pazos con Corme, concretamente, entre a Campara e a Ourada en Cores, Ponteceso. A empresa Arias Hermanos é a encargada de realizar estas actuacións.

O goberno local de Ponteceso solicitara o arranxo desta vía á Deputación da Coruña. Un proxecto de 369.774,72 euros, adxudicado en 291.707,85 euros.

O alcalde da localidade, Lois García Carballido, confía en conseguir o resto dos tramos xa que “esa estrada une a metade das parroquias do Concello e é esencial para o turismo e para fixar poboación”.