26
- Este primeiro tramo foi adxudicado á empresa Arias Hermanos por 291.707,85 euros
Este mércores comezan as obras de asfaltado no primeiro tramo da estrada que une Pazos con Corme, concretamente, entre a Campara e a Ourada en Cores, Ponteceso. A empresa Arias Hermanos é a encargada de realizar estas actuacións.
O goberno local de Ponteceso solicitara o arranxo desta vía á Deputación da Coruña. Un proxecto de 369.774,72 euros, adxudicado en 291.707,85 euros.
O alcalde da localidade, Lois García Carballido, confía en conseguir o resto dos tramos xa que «esa estrada une a metade das parroquias do Concello e é esencial para o turismo e para fixar poboación».