Arrancan as obras da vía que comunica Cee e Fisterra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou este xoves as obras de rehabilitación da plataforma da estrada AC-544, no punto quilométrico 2+850, ao seu paso polo Concello de Corcubión.
Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, foron adxudicados á empresa Ponciano Nieto e dispoñen dun investimento autonómico de preto de 48.000 euros

A intervención nesta estrada que comunica Cee e Fisterra céntrase no acondicionamento dunha curva localizada no citado punto quilométrico, na que se ten detectado fendas na calzada e problemas no terraplén da estrada, que provocaron á súa vez deformacións na barreira.
O proxecto definido polo departamento de Infraestruturas prevé realizar os correspondentes traballos de rexeneración do terraplén para reforzar a estabilidade da plataforma neste tramo da estrada, así como a prolongación dunha obra de drenaxe transversal existente na mesma.
Unha vez rematados os traballos de acondicionamento do noiro, procederase á rehabilitación do firme afectado polas obras, a reposición da capa da rodadura e ao repintando das marcas viarias afectadas pola intervención.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha