Arrestado un veciño de Carballo por presuntamente agredir a súa parella na rúa

Un veciño de Carballo de 40 anos está a ser investigado tras ser detido por agredir, presuntamente, a súa parella cun paraugas nunha rúa do centro da vila en presenza da súa filla duns catro anos. Tras a alerta dun particular, as autoridades localizaron a este home, sobre o que se comprobou que obran varios antecedentes por diferentes delitos, polos que xa estivo en prisión. Neste caso, podería ser acusado dun delito de violencia contra a muller tras ser posto ao dispor da xustiza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha