Arrimadas ábrese a que Ciudadanos e PP se presenten xuntos ás eleccións


Inés Arrimadas non desbota a opción de concorrer en coalición con Juanma Moreno nos comicios andaluces. Explica que hai unha xustificación, porque Vox fai agora pinza co PSOE no Parlamento desa comunidade. No PP interpretan que o relevante é que se está a producir un corremento electoral cara á súa formación de antigos votantes do partido laranxa. Poñen como exemplo o acontecido nos comicios madrileños despois da moción de censura en Murcia. Esa é a percepción de Ana Beltrán, vicesecretaria de Organización dos populares. Durante un encontro celebrado na sede da Fundación Cajasol en Sevilla, Arrimadas quixo aclarar que unha plataforma electoral ao estilo de ‘Andalucía Suma’, exposta polo PP hai uns meses e descartada entón polo partido laranxa, «non está encima da mesa» nin se falou cos populares «pero hai que reeditar o goberno» e imponse a prioridade de evitar «unha pinza anticambio pola esquerda e a dereita que pon en perigo o crecemento de Andalucía».