51
A presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, reuniuse este luns pola tarde co vicesecretario xeral do partido, Edmundo Bal, nun encontro para avanzar cara á «unidade» tras a pequena liorta por mor das candidaturas para as primarias da formación. Segundo fontes de Ciudadanos, a reunión alongouse unha hora no Congreso dos Deputados tras o chamamento feito por Arrimadas a unha candidatura de unidade para a próxima Asemblea Extraordinaria de Refundación que se celebrará en xaneiro fronte á presentada por Bal. A cita produciuse a pedimento da líder da formación laranxa, que asegurou que ve «avances» cara á candidatura de unidade «pola que aposta e seguirá traballando para conseguilo», engadiron as citadas fontes.