Arrimadas e Bal tratan de buscar ‘unidade’ en Ciudadanos


A presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, reuniuse este luns pola tarde co vicesecretario xeral do partido, Edmundo Bal, nun encontro para avanzar cara á “unidade” tras a pequena liorta por mor das candidaturas para as primarias da formación. Segundo fontes de Ciudadanos, a reunión alongouse unha hora no Congreso dos Deputados tras o chamamento feito por Arrimadas a unha candidatura de unidade para a próxima Asemblea Extraordinaria de Refundación que se celebrará en xaneiro fronte á presentada por Bal. A cita produciuse a pedimento da líder da formación laranxa, que asegurou que ve “avances” cara á candidatura de unidade “pola que aposta e seguirá traballando para conseguilo”, engadiron as citadas fontes.