Arrimadas ofrece o seu apoio ao PSC


A líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, fíxolle unha proposta a Salvador Illa, un Goberno de Ciudadanos e o PSC. Asegura que sería o “mellor e o máis centrado”, nun intento de frear un posible tripartito entre os socialistas, ERC e os Comúns. Inés Arrimadas, presidenta de Ciudadanos declarou que “Se ao PSC lle saen os números fará un tripartito, xa o fixo o señor Illa en Madrid, elixindo como membro do Goberno a Otegi en lugar de a Ciudadanos. Nós o que propoñemos é moi sinxelo, o Goberno máis centrado e mellor que se pode facer despois das vindeiras eleccións é un goberno de Ciudadanos e Partido Socialista”.