Arrinca a nova tempada para o Calvo Xiria feminino

0 minutes read

As rapazas de Manu López volverán ás pistas despois do descanso estival. O clube verde e negro que está en pleno proceso de confección do plantel, ponse mans á obra para preparar a tempada 2021-2022. Desde o 16 de agosto as xogadoras do Calvo Xiria tratarán de chegar da mellor maneira ao inicio dunha liga na que buscarán mellorar os bos resultados conseguidos durante a pasada campaña, para continuar coa traxectoria ascendente de anos anteriores.