As entidades locais e comunidades autónomas que queiran optar a estes fondos deberán presentar os seus proxectos ante a Secretaría de Estado de Turismo entre as 14.00 (hora peninsular) do 1 de febreiro e a mesma hora do próximo 6 de marzo. Estará dotada con 478 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As iniciativas das entidades locais serán avaliadas conxuntamente pola Secretaría de Estado de Turismo e as comunidades autónomas nas que se atopen. Os gobernos autonómicos tamén poden optar a estes fondos a través de Accións de Cohesión nos Destinos dos seus respectivos territorios. Eses proxectos deberán enviarse a través do rexistro electrónico da Secretaría de Estado de Turismo.