36
Esta semana arrinca a vendima en dúas adegas da Denominación de Orixe de Valdeorras, os primeiros en comezar coa campaña de recollida de uva en Galicia. A colleita prevese de moi boa calidade e con máis cantidade que o ano pasado. Esta é unha das vendimas máis madrugadoras da historia, que se adianta este ano con respecto ao que adoita ser habitual debido as altas temperaturas na comarca. As análises técnicas din que o grao de maduración e a acidez dos bagos de Godello están perfectos para a recollida.