O festival celebra a súa terceira edición que inclúe concertos e distintas actividades complementarias dentro do obxectivo compartido de reactivar e apoiar o sector musical en todos os xéneros. O venres 8 de outubro será a quenda de O Harmónico Certame, no Paraninfo da Universidade ás 20,30 horas e o mércores 13 de outubro, O itinerario medieval do trobador, na igrexa da Universidade ás 20,00 horas. O Salón Teatro acollerá o concerto Breathtaking o venres 15 de outubro ás 20,00 horas e o venres 22 será a quenda de Europa Galante no Teatro Principal.
De xeito paralelo, esta cita, incluirá tamén charlas e encontros cos artistas en cada concerto os días 8, 13, 15 e 22 de outubro ás 20,00 horas, entre outras actividades.