Arrinca novo curso no ximnasio municipal de Malpica

0 minutes read

Os interesados/as xa poden inscribirse para utilizar o ximnasio municipal de Malpica, que reabriu as súas portas esta semana. A cota é de 15 euros por mes, e as anotacións poden realizarse no Departamento de Deportes, onde tamén se ofrecerá todo tipo de información sobre o servizo. O ximnasio municipal de Malpica funciona de luns a venres en horario de 16.00 a 22.00 horas. Segundo se recolle na ordenanza reguladora do servizo, as persoas usuarias deben acatar as normas de funcionamento que se poden consultar na web municipal, así como descargar a folla de inscrición.