O próximo día 1 de Outubro a ASOCIACION VIEIRO dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR inicia nos C.E.I.P.S de Carballo: A CRISTINA, SAN LUIS ROMERO, FOGAR, BERGANTIÑOS, GANDARA-SOFAN, CANOSA-RUS e ARTAI o programa HABILIDADES SOCIAIS: «CONSTRÚE» destinado ao alumnado entre 10 e 11 anos que estudan os cursos de 5º y 6º de EDUCACION PRIMARIA.
Este Programa está dividido en tres bloques:
1.- ACOMPÁÑOTE: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais.
Ten como obxectivo fundamental: Proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria
2.- DES-CONECTA: con 2 sesións que teñen como finalidade:
Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
3.- TI ELIXES no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende:
Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2019-2020. As sesións terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha. Este programa será impartido polos e polas seguintes profesionais: ADRIÁN LÓPEZ AGRA (educador social), DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga) e PATRICIA RODRIGUEZ VILLAR (psicóloga).
A ASOCIACION VIEIRO, agradece profunda e sinceiramente tanto a excelente disposición dos CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa.