Arrinca o San Froilán con máis de 200 actividades

1 minutes read
  • Novahit Radio terá representación o sábado 12 coa actuación en directo de Dj Frisco & Marcos Peón.

Comeza a festa por excelencia do outono galego. Bota a andar unha nova edición do San Froilán e faino cun programa composto por máis de 200 actividades para todos os gustos e franxas de idade. Tampouco falta o polbo, o protagonista gastronómico das festas e as súas tradicionais casetas en que se xuntan cada ano familiares, amigos e compañeiros de traballo.

Ao longo do feiral podemos atopar outros moitos manxares tanto da terra como chegados de fóra.

Para o divertimento dos máis pequenos non faltan as numerosas e variadas barracas en que subir ou probar sorte. Tamén hai espazo para a artesanía e os produtos tradicionais, uns dos máis demandados, os zocos.

Esta festa atrae cada ano miles de visitantes e os hoteis da cidade roldan xa o 90% de ocupación para os días máis fortes da fin de semana. Con todo, hai diversidade de estadías, uns están reservados polos festeiros e outros polos traballadores do recinto feiral.