As actuacións na autoestrada AG-55 comprenden a rehabilitación superficial nun total de once treitos, nos dous sentidos, o que suporá actuacións en máis de 23 quilómetros da vía. As obras prolongaranse ata o día 18 de setembro, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas para este tipo de traballos.
En canto aos traballos de rehabilitación estrutural, actuarase no tronco da AG-55, en sentido crecente, entre os puntos quilométricos 6+950 e 13.350; e, en sentido decrecente, entre os puntos 13.400 e 13.380. Tamén se realizarán actuacións de fresado e reposición de firme nos ramais de Paiosaco, A Laracha, Carballo Este, Carballo Norte, e Carballo Oeste.
Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, inclúese nesta intervención a eliminación do chanzo da beiravía entre A Laracha e Carballo. Esta intervención implica actuacións nos tramos que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos: 22+880 e 26+700, 28+140 e 28+480, 28+740 e3 3+270, 33+320 e 34+820, en sentido crecente. Esta mesma actuación realizarase en sentido decrecente nos seguintes puntos: 34+820 e 33+270, 33+320 e 28+180 e 26+700 e 22+800.
Os traballos na autoestrada A Coruña-Carballo completaranse coa substitución da lastra por aglomerado, antes e despois da estación de peaxe troncal de Bidueira (no punto quilométrico15+000, sentido decrecente).