Desde hoxe martes e ata o 4 de xaneiro Coristanco ofrece unha completa programación de Nadal pensada para os máis pequenos da casa. Haberá obradoiros, concursos, actuacións… co obxectivo de dinamizar estas datas tan peculiares. Todas as actividades serán na Biblioteca Municipal e estarán suxeitas a inscrición previa ata o 18 de decembro ou ata cubrir prazas, que serán limitadas, os obradoiros serán de 1 hora de duración e os participantes serán admitidos por orde de inscrición, tratando que todos os inscritos poidan desfrutar de alomenos un obradoiro/actividade. Todas as dinámicas estarán estritamente suxeitas ás medidas e recomendacións das Autoridades Sanitarias (limpeza e desinfección, control de aforo, protocolos de ventilación, declaración sintomatoloxía…) que serán revisadas de forma continua e poderán sufrir modificacións sempre e cando así se requira. Para anotarse pode facerse de xeito presencial na Biblioteca Municipal, por teléfono ou por correo electrónico en biblioteca@coristanco.gal