Arrincan as obras de construción da nova senda ao longo do río Anllóns en Ponteceso

A nova senda ao longo do río Allóns está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da que dependen estas obras, arrincou os labores nos últimos días. O alcalde, José Manuel Mato, sinala que se trata dunhas actuacións «esenciais coas que se porá en valor e garantirá a conservación ambiental do río». O primeiro edil avanza que esta non será a única actuación prevista para devolverlle ao Anllóns o protagonismo «que merece, senón que temos previsto realizar outras intervencións na zona proximamente».

O proxecto conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros e contempla a execución dun tramo duns 500 metros de lonxitude. Neste espazo colocarase un bordo de aceito, habilitarase novo pavimento de terra estabilizada e instalaranse bolardos metálicos para impedir o acceso por parte de vehículos.

O rexedor agradece a colaboración da Xunta de Galicia, indispensable para levar a cabo actuacións como esta «coas que se fomentará a mobilidade peonil e se lles ofrecerá aos veciños e veciñas novos recurso de lecer en plena natureza».

Related posts

O BNG lamenta a aldraxe á Costa da Morte cos prazos das obras do primeiro tramo do corredor, que rematarán en 2029

O Concello de Zas prepara un completo programa de actividades polo 25N

O PSdeG Provincial da Coruña lamenta o «abandono» da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta para 2026