Arrincan as probas de cribado entre a hostalería de Santa Comba

Este martes comezaron as probas de cribado entre os traballadores do sector da hostalería de Santa Comba, onde o número de casos activos por coronavirus é de 46. As probas, que se están realizando no centro de saúde da vila, permitirán localizar afectados asintomáticos.

Membros de Protección Civil e Policía Local de Santa Comba puxeron en marcha un amplo dispositivo para que o cribado conte con todas as precaucións posibles, ademais de evitar aglomeracións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha