Arrincaron os Xogos Olímpicos de Inverno Pequín 2022

O Estado Nacional de Pequín, coñecido tamén como «o niño», foi este venres escenario da cerimonia de apertura da famosa cita deportiva, dirixida polo recoñecido cineasta Zhang Yimou. A capital chinesa convértese na primeira cidade en acoller tanto uns Xogos Olímpicos de Verán, os de 2008, como uns de inverno. Como vén sucedendo con outros tantos eventos desde hai xa dous anos, Pequín 2022 estará marcado pola pandemia e as estritas medidas para facerlle fronte.

As sedes principais destes Xogos permanecerán pechadas ao público e non se venderán entradas a ningunha persoa chegada do estranxeiro. Entre eles non estarán diversos mandatarios mundiais que xa anunciaron a súa negativa para acudir a China. Estados Unidos, Reino Unido ou Canadá son algúns dos países que dixeron «non» a Pequín 2022. Todo un boicot diplomático do que non participan presidentes como o de Rusia, Vladímir Putin, presente este venres na cerimonia.

Un total de 3.000 atletas participarán durante as próximas dúas semanas en máis de 100 probas, disputadas tanto na capital como en Yanqing e Zhangjiakou e con neve, en gran medida, artificial. Unha serie de feitos e realidades que fan que os de Pequín 2022, pase o que pase, sexan desde xa uns xogos inesquecibles.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha