Arrincou en Buño ó taller de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio

Cedida.

Este sábado comezou o taller de Prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia organziado polo Concello de Malpica e o ISSGA que se levará a cabo no Centro de Artesanía e Tradición de Buño os días 24 de setembro e 1, 8 e 15 de outubro en horario de 10.00h a 14.00h

A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, dou a benvida ás/ós 18 participantes.

Blanco indicou que un dos servizos máis demandados agora mesmo na nosa sociedade é a axuda a domicilio, un servizo que necesita de profesionais ben cualificados para poder darlle os coidados necesarios aos nosos maiores e agradeceu tanto ós profesionais que imparten o curso como ós/ás asistentes a súa implicación no mesmo.