Este luns arrincou unha nova edición do Castelo Conta. Esta primeira xornada fixose coa inauguración do obradoiro ‘Fai o teu’ impartido pola actriz, directora e creadora Noemi Rodríguez, quen xa pasou por Castelo na edición do ano pasado. Este obradoiro tivo lugar no Local Social Xente Nova de Tabeaio, grazas á colaboración do Concello de Carral.
Tamén comezou a Xente Miúda do Castelo Conta, na que nenos e nenas desfrutarán toda a semana de obradoiros de debuxo e pintura, xogos tradicionais, música, baile e diferentes actividades na natureza e na horta. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, a Eira de López, en Castelo de Abaixo, acolleu a nova etapa dos Contos de Castelo. Os tradicionais encontros cos veciños para recuperar a tradición oral da parroquia converteronse nun pódcast que este primeiro día foi conducido por Marga Pazos xunto con Tone Martínez. Os podcast poderán escoitarse en casteloconta.gal e na app do Castelo Conta.
Unha vez rematados os Contos de Castelo, chegou o teatro para toda a familia con ‘As minas do rei Salomón’. O broche da primeira xornada foi con Xabier Díaz ó escenario. Unha vez finalizado, colleu os mandos Russ, a DJ residente do festival. Todo está listo para os seguintes días do Castelo Conta.