«Arsa», a cadela que buscou a Blanca Fernández-Ochoa e a Gabriel Cruz, xa está en Oleiros


Trátase dunha cadela adestrada para o rastrexo de persoas desaparecidas e que participou na busqueda de persoas en casos moi mediáticos como o do pequeno Gabriel Cruz en Almería e tamén o máis recente da campioa olímpica de esquí Blanca Fernández-Ochoa. Viaxou desde Madrid ata Oleiros e xa está en Perillo para tentar localizar ao octoxenario desaparecido na contorna da rúa Valle Inclán de Perillo o pasado 31 de agosto. O operativo de procura deste home realizouse sen éxito ata o momento por terra, mar e aire. O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, un helicóptero, unha patrulleira do servizo marítimo, drons, e un can de rastrexo do Servizo Cinológico, patrullas territoriais, a Policía Local e Protección Civil, servizos sanitarios, familiares, amigos e veciños participaron xa dalgunha forma neste dispositivo de busqueda, sen éxito de momento.

«Arsa» traballando na busqueda en Perillo – Oleiros.