A Corporación da Coruña aprobou por unanimidade o nomeamento de Arsenio Iglesias como Fillo Adoptivo da cidade polos seus méritos como xogador e adestrador e por representar o espírito de club Deportivo, así como a súa categoría como persoa, ademais de ser embaixador da cidade en todo o mundo. O deportivista tamén dará nome a unha rúa e a Cidade Deportiva da Torre pasará a denominarse Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias. Todos os voceiros eloxiaron a figura de Arsenio como deportivista e como persoa e tiveron palabras de agradecemento polo seu labor como adestrador «motivando aos seus xogadores e conectando coas bancadas». A súa famosa frase «Moito que dicir e pouco que contar» escoitouse varias veces nun pleno en que a alcaldesa lembrou que o seu nome trascende ao ámbito deportivo. Desde agora poderemos dicir «que non hai Coruña sen Arsenio», dixo.
35