Arte camariñana da man dos alumnos do CEIP de Camelle e Mar de Fábula

1 minutes read
  • Os máis pequenos percorreron a praia de Camelle recollendo plásticos para darlles unha nova vida

O alumnado do CEIP de Camelle retomou este luns as actividades de reciclaxe da man de Mar de Fábula. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio camariñán percorreron a vila e apañaron o lixo e demais plásticos espallados pola praia para, posteriormente, aprender a clasificalos.

Mar de Fábula definiu este encontro como «un acto simbólico cargado de futuro», e precisamente con este tipo de actuacións tamén volveu a retomar a actividade presencial nas súas instalacións. Nelas, os alumnos participantes crearon varias pezas a partir dos elementos reciclados e, como non, dunha imaxinación que non ten límites.

Alumnos do CEIP Camelle nas instalacións de Mar de Fábula