Arte e danza no IES Terra de Soneira de Vimianzo

Cedida

  • As bailarinas Kateryna Humenyuk e Elena Castellanos fixeron unha demostración de movementos como previa á función ‘Pioneiras’

Durante a mañá deste xoves, as bailarinas Kateryna Humenyuk e Elena Castellanos impartiron unha práctica de movemento para estudantes de 1º da ESO do instituto vimiancés Terra de Soneira.

Estas actividades serven como acompañamento á función ‘Pioneiras’, que se desenvolverá este sábado, ás 20:30, na Casa da Cultura.