Arde un alpendre en Val do Dubra tras iniciarse un lume no faiado dunha vivenda

Imagen de archivo de un incendio en una caseta en Vimianzo_Bomberos de Cee

  • O incendio orixinouse nun amoreamento de leña sobre as oito e media da tarde deste venres

Un lume orixinado nun amontoamento de leña no faiado dunha vivenda da parroquia de Paramos, no concello de Val do Dubra, provocou danos nun alpendre adosado á mesma.

Os bombeiros de Santa Comba recibiron unha chamada de alerta do 112 Galicia arredor das 20:20 horas deste pasado venres, polo que acudiron ata o lugar para realizar as tarefas de extinción, intentando que o lume non se propagara á vivenda colindante e refrixerando «gran volume de leña para poder chegar á base do incendio e evitar así a posible reignición», sinalan os bombeiros do Xallas.

Os labores de extinción remataron pasadas as doce e media da noite e afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais, leña e varias uralitas.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha