Arteixo | A biblioteca muda as súas actividades á rede

1 minutes read

Debido as restriccións provocadas por la pandemia do coronavirus, as activiades presenciaias nas bibliotecas quedaron prohibidas dende o día 7 de novembro ate o día 4 de decembro.

As bibliotecas do Concello de Arteixo, en lugar de aplazalas ou anulalas, botan man da tecnoloxía para achegarse ao público que pode disfrutar dende o móvil, a tablet, a Tv ou o ordenador das actividades propostas.

Caxoto, Lía Magalia, Ramiro Neira, Proyecto Bululú, Iván Serrano, Trémola Teatro, Olga Abad…están sendo protagonistas nas tardes de contacontos, a través de “streaming” e o éxito é total pois nalgún caso, chegaron a cerca de 500 as reproducións en menos de 24 horas o que da fé da implicación da xente usuaria con esta alternativa.

Non sabemos canto tempo pode durar esta situación pero, en caso dunha futura continuidade, as bibliotecas de Arteixo estarán dispostas a seguir coa viaxe dos contos aínda que sexa por esta vía das redes sociais sempre contando coa complicidade do público participante.