Arteixo | A escola de Barrionovo en Pastoriza estrea comedor

O concello de Arteixo finalizou as obras necesarias para convertir en comedor un espazo situado na planta baixa do edificio do colexio de Barrionovo en Pastoriza.

O executivo cumple así coa demanda dos pais con fillos que asisten o colexio e que esixían que o centro contara cun local adecuado para comedor escolar. O centro, de educación infantil, conta actualmente con preto de cincuenta alumnos en cada curso.

A reforma acometida creou un espazo diáfano na planta baixa de xeometría trapezoidal que conta cunha salida directa o exterior e ventanas a vía pública rúa María Montesori. Está conectado interiormente co distribuidor da planta baixa e coa zona de instalacións na planta semisótano, a que se accede a través dunhas escaleiras descendentes. O concello tamén instalou un mesado de cociña cun fregadoiro, con previsión para o equipamento dun lavavaixelas e unha neveira, cunhas instalacións necesarias a tal fin, ademáis de mellorar a iluminación actual. Tamén se instalou un armario para almacenaxe de material de psicomotricidade.

No mesmo centro de Barrionovo tamén se comenzará a ofertar o servizo de madrugadores (denominado Mañanceiros), que se encarga de recoller os nenos que teñen que ir antes da hora do inicio das clases por necesidades de conciliación. A Concellaría de Educación pon así en marcha un servizo de conciliación para as mañás na Escola Infantil de Barrionovo, pero tamén na Escola Infantil de Vilarrodís e no CEIP Galán, tres centros que ata o de agora non tiñan este servizo. A demanda dalgúns pais dos tres centros motivou que se extenderá un servizo que xa esta a funcionar na maioría dos centros educativos do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha