Arteixo | A Garda Civil investiga a morte dunha muller na praia de Sabón


Unha muller morreu este domingo na praia de Sabón, en Arteixo. A Garda Civil investiga as causas do falecemento.
Os servizos de emerxencias recibiron unha chamada pasadas as cinco da tarde. A vítima foi rescatada no mar por unha moto acuática que a trasladou ata o areal onde intentaron reanimala sen éxito. O corpo foi trasladado á Coruña para realizarlle a autopsia.